imagen destacad benitez
Centenario

Principio de acordo para que Rafa Benítez sexa o adestrador do Centenario do RC Celta

RC Celta

horiz benitez

A tempada do Centenario, acontecemento inesquecible e irrepetible para o celtismo, apunta a que terá desde o banco un líder formidable: O Real Club Celta chegou a un principio de acordo con Rafa Benítez para que o adestrador madrileño poida dirixir ao equipo olívico este ano tan especial e outras 2 campañas máis.

Rafa Benítez é un dos adestradores máis laureados da historia do noso país e dirixiu a equipos de primeira orde mundial nas principais ligas europeas: Liverpool FC, Chelsea FC, Real Madrid CF, Inter de Milan, Napoles, Newcastle United FC, Valencia CF, Everton FC y Dalian Pro FC, Valladolid, Osasuna, Tenerife e Extremadura.

O adestrador madrileño atesoura unha dilatada experiencia nos bancos cunha traxectoria dificilmente igualable. Rafa Benítez acumula un total de 1099 partidos ao máis alto nivel e nos que obtivo 549 vitorias, albergando un palmarés realmente envexable:

– Champions League

– LaLiga x2

– Europa League

– Copa da UEFA

– Supercopa de Europa

– Mundial de Clubs

– Supercopa de Italia x2

– FA CUP

– Community Shield

– Copa Italia

– EFL Championship

Ambas as partes confían en que a firma teña lugar o próximo mes de xullo coincidindo co inicio da pretemporada do equipo celeste.

 

RC Celta

Etiquetas

Centenario O Club

Noticias recomendadas