ESCUDO-1300x400-01
Novas club

O RC Celta terá un papel destacado no museo ‘LaLigaExhibition’ en México e outros países de Latinoamérica

RC Celta

O RC Celta e Global Events Latinoamérica, axencia galega licenciataria oficial do museo itinerante de LaLiga, ‘LaLiga Exhibition’, asinaron un acordo polo cal o RC Celta terá especial visibilidad e presenza mediante activacións en cada unha das exposicións deste singular museo de LaLiga en Latinoamérica. Entre estas activacións figuran a réplica da sala de prensa e da saída do túnel de vestiarios do estadio Abanca Balaidos, exposición de camisetas oficiais, botas de xogo dos seus xogadores ou balóns dos partidos, así como encontros virtuais con xogadores, xogos interactivos, sorteos e clinics de fútbol con técnicos locais de Celta Academy.

 

‘LaLiga Exhibition’ é un museo itinerante e interactivo de LaLiga no cal todos os fans de LaLiga e dos conxuntos ca conforman poderán coñecer a historia dos equipos e dos estadios, gozar dos mellores contidos audiovisuais, fotografarse co trofeo de campión de LaLiga, camisetas e botas asinadas e sentirse protagonistas nunha sala de prensa, un vestiario ou unha zona mixta, ademais de probar as súas habilidades mediante experiencias tanto físicas como virtuais e finalmente gozar dos mellores ‘highligts’ na zona de Sports Bar.

 

O museo itinerante está xa aberto ao público desde o día 1 de xullo no Parque de Diversiones Kataplúm!, en Iztapalapa en Ciudad de México, e terá, á vez, unha segunda ubicación nesa mesma urbe, no Parque Bicentenario, a partir do día 16 de setembro. Desde o mes de outubro e ata decembro, visitará as localidades de Monterrey, Guadalajara e Tijuana. Durante este amplo percorrido pola República de México espérase a visita de 300.000 fans e seguidores de LaLiga. Nos seguintes anos pasará por Chile, Colombia, Brasil, Perú, Arabia Saudita, Emiratos Árabes e outros moitos países.

 

O acordo alcanzado entre RC Celta e Global Events abarca os anos 2021 e 2022 e reforza a aposta do equipo celeste pola súa expansión internacional e o seu obxectivo de achegar a marca RC Celta aos seus numerosos fans fóra de España.

 

Por parte do RC Celta asistiu ao acto o conselleiro Fernando Rodilla, quen destacou ”a importancia dun acordo como este para o club e o seu obxectivo de reforzar a súa presenza en mercados estratéxicos como México e resto de países de Latinoamérica con accións e promocións que ademais de dotar de maior visibilidade á marca RC Celta, achegará aos fans celtistas os valores do club, a súa Fundacion, e as súas Celta Academy locais”. Rodilla apuntou ademais que esta iniciativa “supón un paso máis no plan de expansión internacional do RC Celta e LaLiga”.

 

Por parte de Global Events, Manuel Gago Caeiro, na súa calidade de Conselleiro Delegado e CEO, sinaló que “aínda que o obxecto do museo é dar a coñecer ao longo e ancho do mundo todos os clubs que compoñen a Liga Santander, como galego e responsable de Global Events, empresa radicada en Galicia, é un orgullo que o RC Celta teña un papel destacado nas distintas activacións que se leven a cabo dentro do marco de LaLiga Exhibition”

 

O RC Celta goza de 10 tempadas consecutivas na Liga Santander, en Primeira División, sempre no Top-10 en términos de audiencias e seguidores, e celebra este ano o seu 98 aniversario. Esta última tempada foi o segundo equipo das cinco grandes ligas europeas que máis xogadores da súa propia casa utilizou no seu primeiro equipo, por detrás do Athletic Club, que só xoga con futbolistas de orixe vasca. Esta aposta pola canteira e o talento local é un alicerce deportivo da institución e que ten ata unha denominación de orixe.

 

Global Events Latinoamérica é unha sociedade mercantil galega con sede social na cidade de Pontevedra. Ten por obxecto social a organización de eventos deportivos, de lecer e de entretenimento. Nos eventos internacionais un dos obxectivos é o potenciar a grandes marcas, como LaLiga (Embaixador Honorario da Marca España na categoría de Relacións Internacionais) e as entidades deportivas que a compoñen, dando a oportunidade de participar en LALIGA EXHIBITION a compañías relacionadas co mundo do deporte ou que poidan ter interese no seu posicionamiento nos países que se desenvolvín o evento.

 

RC Celta

Etiquetas

Novas club

Noticias recomendadas