
Abanca Balaídos prepárase para recibir unha nova cita de LaLiga EA Sports. O Celta de Claudio Giráldez medirase ao Villarreal CF na xornada 14 do campionato, nun encontro cuxa data e horario están aínda pendentes de confirmación, pero que se disputará arredor da fin de semana do 29 de novembro.
A venda de entradas xa está en marcha. Desde hoxe, ás 12:00 horas, as persoas titulares do Carné Celtista poden adquirir a súa localidade. Unha vez transcorridas as primeiras 24 horas, as entradas estarán dispoñibles para o público xeral, desde 25 euros, a través da web oficial, cun 20 % de desconto para os Carnés Celtistas.
Ademais, asistir a Abanca Balaídos pode converterse nunha experiencia moito máis especial. Cantar Oliveira dos Cen Anos xunto a toda a bancada, vivir o quecemento desde o céspede, descubrir os recunchos e segredos do estadio, acompañar os equipos como abandeirado ou demostrar a túa puntería no lanzamento de penaltis despois do partido son algunhas das propostas dispoñibles.
Consulta AQUÍ todas as experiencias e escolle como queres gozar dunha nova xornada de fútbol no templo celeste.
Agardámosvos, celtistas!