
O Abanca Balaídos acollerá este domingo, 8 de novembro, ás 18:30 h, o encontro que enfrontará o Celta co Levante UD. Para todos os celtistas que acudades ao estadio para apoiar o equipo, facilitámosvos a continuación información que pode ser do voso interese:
Apertura de portas:
As portas do estadio abrirán ás 17:15 horas. Para evitar aglomeracións e posibles atrasos nos accesos, recoméndase a todos os asistentes acceder ao estadio polo menos 30 minutos antes do comezo do encontro.
Os carnés incorporan un chip de proximidade para facilitar a súa lectura, ademais do sistema NFC dispoñible na App. O acceso ao estadio estará habilitado ata as 20:00 horas.
Documentos de acceso:
Todos os asistentes deberán dispor dun documento de acceso para entrar no estadio, mesmo os máis pequenos, independentemente da súa idade. Estes documentos poderán ser:
- Carné de abonado, en calquera das súas categorías. No caso de non dispor do abono físico, poderase acceder co carné dixital da tempada 2026/27, que se pode descargar desde o Portal do Celtista ou a App.
- Entrada do partido.
- Carné Miudiño.
Lémbrase que os carnés de abonado son intransferibles nas súas distintas categorías e, polo tanto, só poderán ser utilizados polo seu titular, agás o Carné Celtista Abonado na categoría Adulto, que é transferible, excepto na bancada de Marcador Baixo.
Poderase solicitar un documento acreditativo da identidade da persoa titular dun carné intransferible para acceder ao estadio. No caso de que non coincida co titular, denegarase o acceso.
Atención de incidencias:
O club pon á disposición de todos os espectadores un servizo de atención de incidencias relacionadas coas entradas ou cos carnés, que estará habilitado nas billeteiras do estadio desde a apertura de portas ata o comezo do partido. Non obstante, lémbrase a todos os abonados que poden descargar o abono dixital desde o Portal do Celtista ou a App.
Non se realizarán duplicados de carnés a partir das 14:00 horas.
Apertura de billeteiras:
As billeteiras estarán abertas desde as 10:00 horas ata o comezo do encontro. Non obstante, para maior comodidade, recoméndase consultar a dispoñibilidade e mercar as entradas na web do Celta.
Apertura da tenda oficial do estadio:
A tenda oficial do estadio abrirá este sábado de 12:00 a 21:00 horas, de xeito ininterrompido.
Mural dos falecidos:
Poderá visitarse nun horario especial, de 16:30 a 17:00 horas, ofrecendo un espazo de lembranza e homenaxe a todas aquelas persoas que formaron parte da familia celeste.
Museo Celta:
O Museo Celta abrirá as súas portas de 10:00 a 18:00 horas, ofrecendo aos visitantes a oportunidade de coñecer a historia e o patrimonio do club a través das súas exposicións e contidos interactivos. Podes adquirir a túa entrada na páxina webou na recepción da Área Celtista.
Servizo de consigna para carriños de bebé:
Para que os celtistas máis pequenos poidan acompañar os seus papás, mamás, avós ou avoas a animar o seu equipo, o Celta pon á disposición dos afeccionados un servizo gratuíto de consigna para deixar os carriños de bebé mentres permanecen no interior do estadio.
Este servizo estará habilitado na bancada de Tribuna, xunto ao local da Federación de Peñas, entre as portas 10 e 11 de Tribuna, desde a apertura das portas do Abanca Balaídos ata 15 minutos despois da finalización do encontro.