Hemeroteca celtismo

Esgotadas as entradas para o partido do venres ante o Athletic Club de Bilbao

RC Celta

55

As peñas coparon máis do 83 por cento dos billetes vendidos

 

As entradas para o partido deste venres ante o Athletic Club de Bilbao esgotáronse por completo e Balaídos loce xa o cartel de ‘non hai billetes’. As peñas celestes han copado máis do 83 por cento das entradas despachadas na oficina de abonados do club, onde, por petición da Federación de Peñas, vendéronse ás penas sen limitación algunha.

 

As entradas das bancadas de Río Alto e Baixo e Tribuna que se puxeron á venda para o encontro do venres esgotáronse hoxe, cunha elevada porcentaxe destinada ás peñas celestes, que dispuñan de billetes a 5 e 10 euros con motivo da celebración do Día das Peñas.

 

As entradas que había dispoñibles, unha vez descontados os preto de 23.000 abonados e os convenios do club, fóronse despachando por rigorosa orde de petición até completar o aforo, algo que ocorreu na xornada de hoxe.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas