ESCUDO-1300x400-01
O Club

Estrella Galicia renova como patrocinador principal do RC Celta

RC Celta

O RC Celta e Hijos de Rivera acordaron ampliar o seu acordo de patrocinio e colaboración que mantén á firma e a súa marca Estrella Galicia como patrocinador principal do club. O acordo entre ambas entidades esténdese xa máis aló de dez anos, o que supón un fito de fidelidade, entendemento e compromiso nesta estreita relación entre ambos.

Estrella Galicia lucirá no frontal da camiseta do primeiro equipo do RC Celta durante as próximas catro tempadas e a firma terá presenza noutras seccións, instalacións do club, entradas e experiencias VIP, así como en diferentes contidos e activaciones da entidade celeste.

Esta relación manterase xa máis aló do ano 2023, que marcará un fito histórico para o club e os seus afeccionados, xa que o RC Celta cumprirá 100 anos, polo que Hijos de Rivera será tamén patrocinador principal do centenario do club.

O acordo entre ambas entidades é extensivo aos negocios de hostelería do Grupo Celta, representados principalmente polo restaurante Estrela Michelín ’Silabario’, e a Fundación do RC Celta, que xestiona as categorías inferiores do club e os seus programas de formación, así como as numerosas actividades e iniciativas de carácter social, educativo e integrador.

A marca de augas de Hijlos de Rivera, Cabreiroá, seguirá sendo a auga oficial do club e patrocinador principal dos equipos de categorías inferiores e os campus formativos da Fundación. O acordo inclúe produto para os xogadores e técnicos dos equipos do club e Fundación. Ademais, os produtos de Hijos de Rivera seguirán estando dispoñibles nos puntos de venda do club habilitados para iso en todas as súas instalacións.

Un acordo co que a marca Estrella Galicia reafirma a súa aposta polo fútbol galego e que demostra o compromiso da cervecera galega co RC Celta e a súa afección.

O Presidente do club, Carlos Mouriño, sinalou que “no RC Celta estamos moi contentos e moi orgullosos de poder seguir traballando con Hijos de Rivera. Tanto as súas marcas e produtos, como os seus empregados e amigo, son xa parte da familia celtista, e grandes afeccionados do Celta desde fai anos. Para nós será un pracer celebrar a volta do público ao estadio con eles, e celebrar xuntos o Centenario do club próximamente. Ademais esta renovación é moi importante no proceso de crecemento e expansión de ambas entidades a nivel nacional e internacional, a través dunha aposta polo talento propio, local”.

Pola súa banda, José Cabanas, CMO de Hijos de Rivera, destacou: “Este acordo vén nun momento especialmente motivante para ambas partes porque tanto o Celta como no noso caso, en fase de expansión, tratamos de traer novo talento, de conquistar novos mercados e non cabe dúbida de que todos necesitamos dos nosos partners. Creo que entre todos, xuntos, chegaremos máis lonxe”.

O RC Celta leva 10 tempadas consecutivas na Liga Santander, en 1ª División, e sempre no Top-10 en términos de audiencias e seguidores, e celebra este ano o seu 98 aniversario.Nesta última tempada, foi o segundo equipo das cinco grandes ligas europeas que máis xogadores da súa propia casa utilizou no seu primeiro equipo, por detrás do Athletic Club, que só xoga con futbolistas de orixe vasca. Esta aposta pola canteira e o talento local é un alicerce deportivo da institución e que ten ata unha denominación de orixe.

Con máis de 114 anos de historia, Hijos de Rivera é unha empresa galega 100% familiar cunha clara vocación internacional estando presente na actualidade en 60 países. A compañía produce, comercializa e distribúe unha ampla carteira de produtos entre os que destacan cervexas, augas minerales, viños e sidras, con marcas tan recoñecidas como Estrella Galicia, 1906, Cabreiroá, Fontarel, Aguaa de Cuevas, Ponte de Boga ou Maeloc.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas