GG2A1457
Celtismo

Europa volve a Abanca Balaídos! Faite xa coa túa entrada para o Celta-PAOK

RC Celta

As noites máxicas de fútbol europeo regresan a Abanca Balaídos. O Celta recibirá ao PAOK FC o vindeiro xoves, 2 de outubro ás 21:00 horas, no segundo encontro da fase de grupos da UEFA Europa League.

As entradas para este esperado partido xa están dispoñibles no Portal do Celtista, cun período de venda exclusiva de 24 horas para Carné Celtista. A partir de entón, as localidades poñeranse á venda para o público xeral a través da web oficial do club, así como, nos despachos de billetes de Abanca Balaídos. Os prezos das mesmas oscilan desde 20€ para celtistas e desde 25€ para o público xeral.

Non te perdas este duelo ante o PAOK FC e forma parte dunha nova noite para o recordo. Neste ansiado regreso á Europa League, xuntos converteremos Abanca Balaídos nunha auténtica caldeira celeste empuxando ao equipo nesta nova e ilusionante aventura continental.

Imos, afección!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas