1300x400
O Club

A campaña de abonados máis ambiciosa do RC Celta chega cunha clara proposta ao celtismo: “Fagamos historia”

RC Celta
  • O RC Celta escoitou durante os últimos meses aos seus abonados, as súas suxerencias, inquietudes e propostas. Deste diálogo continuado e cun gran esforzo por parte do club, nace a campaña de abonados da tempada 2022/2023, que recolle as ilusións e soños dun dos fundadores do RC Celta, Manuel de Castro ‘ Hándicap’, e faille unha proposta ao celtismo: ‘Fagamos Historia’.
  • A campaña de abonados, que comeza hoxe e permanecerá activa ata o 14 de xullo, contén moitas novidades e innovadoras medidas cun claro obxectivo: reunir á familia celeste.
  • Estes son os detalles máis destacados desta ambiciosa campaña de abonados, en cuxa construción foi determinante a voz do celtismo:
  • Nova categoría Sub-30: condicións extraordinarias para abonados en idades comprendidas entre 26 e 30 anos.
  • Facilidades de pago para todos os abonados: accede ao pago fraccionado en 4 cotas e/ou demora 3 meses o pago da primeira cota sen intereses (gasto de xestión 5%). Dispoñible para todos os abonados, sen necesidade de información financeira.
  • Novo portal do abonado: unha plataforma moderna e operativa na que se poderá tramitar a renovación do abono, actualizar datos persoais, solicitar cambios de asento e realizar todo tipo de xestións. Tramita a renovación de varios abonados na mesma operación!
  • Novas altas: inscrición na lista de espera desde o 21 de xuño. Os antigos abonados das tempadas 2019/20 ou 2020/21 non pagan cota de alta.
  • Xestión presencial para maiores de 65 anos: os abonados con máis de 65 anos poderán xestionar se o prefiren a renovación do seu abono presencialmente nos despachos de billetes de Abanca Balaídos. Para evitar colas e mellorar o atendimiento recomendamos pedir cita previa aquí ou nos teléfonos 986.213.230 e 986.213.234.
  • Ademais, mantéñense importantes beneficios de anteriores tempadas:
  • Carné Miudiño gratis: unha tempada máis, consérvase o carné gratuíto para menores de 5 anos.
  • Desconto para abonados con diversidade funcional: o club ofrece un 25% de desconto a abonados con diversidade funcional superior ao 65%. Ademais, se necesita acompañante, o club estudará a súa solicitude para ofrecerlle unha invitación para cada partido.
  • Descontos accionista e familiar: recupéranse nesta campaña de maneira excepcional. Na tempada 2023/24 substituiranse por un novo programa de descontos.
  • Moedeiro virtual: aos abonados que aínda teñan saldo no seu moedeiro virtual descontaráselles automaticamente do importe para pagar no seu abono.
  • Desconto especial en camisetas oficiais: ata o 31 de agosto, os abonados con carné da tempada 2022/23 poderán adquirir a primeira ou segunda camiseta oficiais por 66,95€ adulto e 48,95€ infantil.
  • Acceso a partidos: acceso a partidos como local do RC Celta, Celta B , Celta C – Gran Pena e Celta Zorka – Recalvi.
  • Desconto en tendas oficiais: desconto do 10% en tendas oficiais do RC Celta.
  • Prioridade na compra de entradas visitantes.
  • Unha campaña nada da colaboración entre club e celtismo, destinada a reunir a toda a familia celtista nun RC Celta de todos, para todos e con máis ilusión e ambición que nunca: “Fagamos historia”.
  • A nova campaña de abonados 2022/23 xa está en marcha en abonados.rccelta.es
  • DESCARGA O DOSSIER INFORMATIVO
RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas