20240526_EXPRESSAdri_RCCELTAvsVALENCIA-32
Celtismo

Fin de tempada, fin de Centenario

RC Celta

O RC Celta pechou, durante a última xornada de La Liga EA SPORTS, a tempada do seu centenario cunha festa por todo o grande. Concertos, comida tradicional, pintacaras e inchables asolagaron Balaídos nunha mañá que respirou afouteza e corazón polos catro custados. As rúas se tinguíronse de celeste e a afección e o club foron un, nun medio día que terminou co partido entre o RC Celta e Valencia CF.

O club desexa expresar o seu máis sincero agradecemento á afección polo apoio incondicional recibido durante toda a campaña, tanto nos partidos en casa como nos desprazamentos. Esta tempada foi unha mostra do vínculo inquebrantable que existe entre o club e o celtismo; e esta festa o culmen dunha celebración histórica que marca o fin dun ano especial.

Coa esperanza de celebrar outros cen anos co mesmo fervor e devoción, o RC Celta sabe que se se logrou por 13ª tempada consecutiva permanecer na Primeira Categoría é grazas, en gran parte, ao apoio de todos e cada un dos afeccionados. Foi unha xornada dedicada por e para vós, afección. Grazas por poñer as cousas sempre tan fáciles. Ata a próxima tempada.

Ala, Celta!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas