
Xa están á venda as entradas para o segundo compromiso do Celta na presente edición da Copa del Rey, no que os celestes se enfrontarán ao Arosa SC no estadio da Lomba.
O club de Vilagarcía comunicou que non disporá de entradas para a afección visitante, polo que cada celtista poderá adquirir directamente a súa localidade na súa páxina web a través da seguinte ligazón de compra.
Os prezos establecidos para o encontro son os seguintes:
- Tribuna: 50 €
- Preferencia: 40 €
- Fondos: 25 €
- Menores de 6 anos: entrada gratuíta, previa retirada de invitación.
- O Celta afronta unha nova eliminatoria copeira e precisará tamén do apoio da súa afección lonxe de Abanca Balaídos. Por iso… Vémonos na Lomba, celtistas!