O Estadio Cívitas Metropolitano acolleu este sábado a Final de eLaLiga Santander 2022/23, unha fase final na que estivo presente o RC Celta despois de acabar en quinta posición do grupo A dentro da fase regular.
O conxunto celeste, con JRA10 aos mandos, superou as dúas primeiras roldas tras superar ao Getafe CF de Flippersito (5-2) e ao Real Oviedo de NachoAbella_ (3-1 e triunfo en penaltis).
DanielAguilar4, da SD Huesca, sería o seguinte rival do noso representante de Falcons, vencendo por un apertado 3-4 a unha das revelacións da tempada. Un billete a semifinais nas que Dsaanchez_, do Sevilla FC, púxolle as cousas moi complicadas ao noso xogador, tendo que resolver en penaltis
Bonnano esperaba nunha Gran Final na que JRA10 vencía por 4-2 na ida, pero o xogador do Real Betis remontaba cun 0-3 na volta. Un meritorio subcampeonato do noso Javier Romero Alarcón que revalida a segunda posición da pasada tempada tras un gran tramo final de tempada.