O RC Celta estivo presente no X Aniversario da Peña Celtas do Verdugo en Ponte Caldelas. Unha celebración que contou coa presenza dos xogadores Franco Cervi e Tadeo Allende, que acompañaron a todos os afeccionados neste evento tan especial. Autógrafos, fotos, abrazos e moita alegría nun aniversario á paixón e afouteza que caracteriza esta peña que na última década acompañou tanto ao equipo. Unha xornada chea de sorpresas que seguro que os presentes nunca esquecerán.
Ao evento tamén acudiron outros representantes do club como Antón Álvarez, conselleiro do RC Celta, e David González, Director da Área social. Unha acción que destaca o compromiso e a proximidade do RC Celta coa súa afección, fortalecendo os lazos coas miles de persoas que viven e senten con tanto orgullo as cores celestes.