Imagen de WhatsApp 2024-05-09 a las 10.50.11_f9391baf
Celtismo

Franco Cervi e Tadeo Allende invitados especiais no X Aniversario de Celtas do Verdugo

RC Celta

O RC Celta estivo presente no X Aniversario da Peña Celtas do Verdugo en Ponte Caldelas. Unha celebración que contou  coa presenza dos xogadores Franco Cervi e Tadeo Allende, que acompañaron a todos os afeccionados neste evento tan especial. Autógrafos, fotos, abrazos e moita alegría nun aniversario á paixón e afouteza que caracteriza esta peña que na última década acompañou tanto ao equipo. Unha xornada chea de sorpresas que seguro que os presentes nunca esquecerán.

Ao evento tamén acudiron outros representantes do club como Antón Álvarez, conselleiro do RC Celta, e David González, Director da Área social. Unha acción que destaca o compromiso e a proximidade do RC Celta coa súa afección, fortalecendo os lazos coas miles de persoas que viven e senten con tanto orgullo as cores celestes.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas