Este sábado, o RC Celta convida a todos os afeccionados a unirse novamente á experiencia de vibrar xuntos no partido que os celestes disputarán no estadio de Mendizorroza mañá 27 de abril. A apertura de portas producirase unha hora antes do inicio do encontro, ás 17:30 horas, con sesión de DJ para quentar motores antes do Deportivo Alavés – RC Celta das 18:30 horas. Ademais, o Salón Rexio contará cunha mesa quente de comida do Trigal dispoñible durante o partido.
Como en anteriores ocasións, a entrada será libre ata completar a capacidade do salón e terá como obxectivo que o celtismo viva unido este e todos os encontros do RC Celta da tempada.
Unha xornada para o celtismo, no que dende A Sede ou dende Vitoria, xuntos empurraremos ao equipo cara o triunfo. Vémonos, afección!