Hemeroteca celtismo

Gran acollida das novas camisetas Adidas no seu primeiro día á venda

RC Celta

camiseta1516-primerdia.jpg

Despacháronse unhas 250 elásticas sumando as da primeira e a segunda equipación

 

A tenda do Celta rexistrou unha gran actividade no primeiro día á venda dos novos equipamentos Adidas. O celtismo recibiu con entusiasmo as elásticas da tempada 2015/2016, tanto a celeste e branca como a gris escura e vermella, un feito que se ve reflectido nos notables datos de venda.

 

Este xoves despacháronse unhas 180 prendas da primeira equipación e 70 da segunda, unhas cifras que superan ás da tempada pasada cando aínda queda por coñecer o número de compras realizadas a través da web da tenda.

Tanto a primeira camiseta como a segunda teñen un prezo de 65€, custo que conta cun 10% de desconto para aqueles abonados que presenten o seu carné en vigor. O establecemento de Balaídos permanece aberto no seu horario habitual, de luns a sábado de 10:00 e as 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. As equipacións tamén poden adquirirse en www.tiendacelta.com e na tenda do Celta do Corte Inglés de Vigo.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas