20240329_Entrenamiento_PuertaAbierta_AbancaBalaidos-2
Celtismo

Gran acollida do último adestramento a portas abertas!

RC Celta

Gran acollida do adestramento a portas neste Venres Santo. Abanca Balaídos gozou dun ambiente inmellorable na penúltima sesión do primeiro equipo antes da súa cita ante o Rayo Vallecano.

Alegría e ilusión nun festivo no que a forte choiva desta semana deu tregua durante as case dúas horas e na que os afeccionados puideron gozar, ademais da sesión preparatoria dos xogadores, da homenaxe a Samuel Comesaña, xogador do Celta Integra, que anunciou nas últimas semanas a súa retirada do fútbol por lesión.

Unha mañá especial na semana de Pascua que reuniu a 6.455 persoas e na que os máis pequenos puideron gozar de ovos de pascua, pulseiras e pintacaras. Ademais, entre todos os asistentes, sorteouse un pase VIP á zona túnel e realizouse un lanzamento de balóns e firmas ao finalizar a sesión preparatoria.

Grazas afección por estar sempre. Vémonos de volta en Abanca Balaídos o domingo ás 14:00h no RC Celta – Rayo Vallecano. Hala Celta!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas