GRAZAS AFECCION DOMINGO CELESTE 16X9
Celtismo

GRAZAS, AFECCIÓN!

RC Celta

Desde o RC Celta queremos expresar o noso máis sincero agradecemento á afección, a todos e cada un dos seguidores que fixestes do “Domingo Celeste” un evento inesquecible.

Foi un día cargado de afouteza, corazón e unha conexión única entre xogadores e bancada, onde o voso alento escoitouse en cada recuncho do estadio. A paixón en Abanca Balaídos e os seus arredores prolongouse desde as doce do mediodía ata as once da noite. Non podemos sentir máis orgullo ante esta sinerxia celeste.

Este respaldo incansable do celtismo non se limita á xornada de onte. O voso papel durante o traxecto do equipo na Copa do Rey e no que vai de tempada de LaLiga é indescritible. Cada cántico, bandeira e xesto de alento son o combustible que impulsará noso desempeño.

Sodes o motor deste club, e sentímonos profundamente agradecidos e orgullosos por contar convosco en cada batalla, en cada desafío e en cada soño.

Grazas por ser a forza impulsora detrás das cores que levamos con orgullo. O RC Celta non sería o mesmo sen o voso apoio incondicional.

HALA CELTA!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas