celta
Celtismo

Faite coa túa entrada para o último partido da tempada: Celta-Sevilla!

RC Celta

A tempada chega ao seu fin e imos despedila xuntos. Xa están á venda as entradas para a última xornada de Laliga EA Sports que enfrontará ao Celta e ao Sevilla CF o vindeiro sábado, 23 de maio ás 21.00 horas, en Abanca Balaídos.

A partir de hoxe mesmo ás 12.00 horas, as localidades estarán dispoñibles para Carné Celtista desde 25 euros. Pasadas as primeiras 24 horas, abrirase ao público xeneral desde un prezo de 30 euros.

Vir a Abanca Balaídos é moito máis que gozar dun partido de fútbol, é vivir o Celta dun xeito especial, cantar o himno “Oliveira dos Cen Anos” en directo, sentir a paixón da bancada, ver o quecemento sobre o céspede, coñecer todos os recunchos do estadio, ser un dos abanderados do encontro ou lanzar penaltis como un dos teus ídolos tras o asubío final. Consulta AQUÍ todas as experiencias únicas coas que gozarás do noso templo como nunca antes.

Esta foi unha tempada chea de emocións que se merece despedila xuntos e ao grande. Esperámosvos!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas