
A Peña Celtista Oliveira de Teis viviu esta semana unha tarde moi especial coa visita do Celta no que foi o seu acto oficial de presentación xunto a representantes do club e xogadores celestes. No encontro estiveron presentes Javi Rueda, futbolista do primeiro equipo; Joel López, por parte da Celta Fortuna; Lara Martínez, capitá de As Celtas; Miguel Álvarez, conselleiro celeste; e Vlado Gudelj, tamén en representación do club.
Aínda que a peña xa levaba un tempo en activo, esta cita supuxo a súa posta de longo oficial. Máis de 150 integrantes forman xa parte dunha familia nada da amizade e dun sentimento compartido polo Celta. Foron moitos os peñistas que se se achegaron para desfrutar dunha xornada marcada por autógrafos, fotos, abrazos e risos, nun ambiente próximo e totalmente tinguido de celeste.
O club quere agradecer o apoio e o cariño de todos os membros da Pena Oliveira de Teis e mostrar o seu orgullo por unha familia celtista que non deixa de crecer.
Grazas, celtistas!