Banner - Historia Visual do RC Celta
Celtismo

O Centenario salta ao papel: Chega para todo o celtismo o espectacular libro ilustrado “Historia Visual do RC Celta”

RC Celta

 

O Centenario do RC Celta flúe, con rigor, emoción e dinamismo, a través das páxinas dunha singular publicación que percorre, con orixinais ilustracións, a historia do club desde os seus inicios ata a actualidade. Os fitos, acontecementos, xogadores, técnicos e personalidades que deixaron a súa pegada nestes 100 anos de vida do RC Celta cobran vida no fantástico libro ilustrado ‘Historia Visual do RC Celta’, editado por Aira, firma fundada en 2017 en Allariz e que atesoura xa numerosos galardóns polas súas obras.

César Cequeliños e Jorge Campos son os autores deste libro que sen dúbida se converterá nunha peza de gran valor para o celtismo neste ano do Centenario, tanto polo seu contido como pola brillante maneira de ilustralo. A publicación, editada en galego, pódese adquirir xa tanto nas tendas oficiais do RC Celta como en liña AQUÍ e en numerosas librerías de toda Galicia.

Con 65 títulos publicados até a data, no seu haber, Aira conta con varios libros premiados con galardóns tan prestixiosos como o Follas Novas, o Blanco-Amor de Novela ou o Álvaro Cunqueiro de Xornalismo Gastronómico.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Centenario

Noticias recomendadas