ESCUDO-1300x400-02
Celtismo

Emoción, paixón e entusiasmo no Concerto da Coral Casablanca con motivo do Centenario do RC Celta

RC Celta

O Concerto da Coral Casablanca e Orquestra con motivo do Centenario do RC Celta xerou unha  choiva de emocións nun auditorio ateigado e entregado. O público gozou dun programa exquisito, cunha variedade calculada para xerar un tobogán de sentimentos e cubrir todo o espectro de gustos musicais e con varias chiscadelas ao RC Celta, cuxo primeiro plantel, xunto ao corpo técnico, acudiu ao completo para gozar deste gran espectáculo.

Desde o escenario do Teatro Afundación, a Coral Casablanca axitou emocións e xerou entusiasmo desde a súa primeira interpretación, Candillejas, de Chaplin. Da arte en branco e negro, ao mar, con Meu Amore Mariñeiro ou A Rianxeira. Negra Sombra, Chica de Ayer, Bohemian Rapsody, Cuéntame, Nessun Dorma… Diferentes épocas e estilos coas maxestosas voces da Coral Casablanca que arrincaron entusiastas aplausos do público.

Soou, como non, o Equipo A tras o descanso. E o colofón, os Himnos Gallego e do RC Celta para pechar unha actuación inesquecible.

O programa completo do Concerto da Coral Casablanca, dirixida por Óscar Villlar, incluíu as seguintes interpretacións:

Candilejas, Meu Amore Mariñeiro, Irmaus, Negra Sombra, Cuéntame, Apaga la Luz y verás, Chica de Ayer, Vivir sin Aire, A Rianxeira, Hasta el Final, Bohemian Rapsody, Nessum Dorma, O Fortuna ‘Carmina Burana’, Himno del RC Celta e Himno Galego.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Centenario

Noticias recomendadas