balaidos_incendios_galicia_vigo_celta_octubre_2017.jpg
Celtismo

Homenaxe aos heroes que combatiron a vaga de incendios

RC Celta

O estadio de Balaídos vivirá este domingo ante o Atlético de Madrid un momento moi especial para Vigo e Galicia. O RC Celta renderá homenaxe ás vítimas e a todos os colectivos e cidadáns implicados na loita contra os devastadores incendios que abordelaron a comarca viguesa días atrás, A súa solidariedade e heroicidade son motivo de orgullo para todos os galegos e os valores que presidirán este máis que merecido homenaxe do RC Celta.

Neste evento participarán representantes dos diferentes colectivos que colaboraron na extinción dos incendios e tamén da cidadanía, cuxo comportamento é un admirable exemplo de solidariedade e valor. Os afeccionados celestes terán oportunidade de expresar o seu recoñecemento no descanso do partido, momento no que se renderá homenaxe sobre o céspede de Balaídos.

Os afeccionados terán tamén á súa disposición nos seus asentos cartulinas para formar en todo o estadio, durante o minuto de silencio en memoria das vítimas, un gran mosaico de cor negro en sinal de duelo e despregarase na Grada de Río un tifo coa mencionada mensaxe “Orgullosos da vosa afouteza”.

O club quere agradecerlle á Federación de Penas a súa colaboración para levar a cabo esta homenaxe.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas