BANNER 1300X400
O Club

Iago Aspas, gañador do XII Trofeo Manuel de Castro “Handicap” by Estrela Galicia

RC Celta

Iago Aspas fíxose co XII Trofeo Manuel de Castro “Handicap” by Estrela Galicia, que recoñece ao mellor xogador do Celta durante o ano 2022. Será o oitavo premio do dianteiro moañés, que foi galardoado nos anos 2012, 2016, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021 e 2022, e que comparte podio nesta edición con Joseph Aidoo e Fran Beltrán, que ocupan a segunda e a terceira posición, respectivamente.

O XII Trofeo Manuel de Castro “Handicap” by Estrela Galicia foi creado orixinalmente polas páxinas web Moiceleste e El Fútbol es Celeste, xunto á Peña Celtista Siareiros.net. e que nesta 12ª edición lanzouse dende o club. O trofeo, creado en honra do falecido xornalista celtista e que conta co deseño clásico creado por Simón Agulla, recolle os votos de afeccionados, peñistas xornalistas e os propios xogadores.

Iago Aspas recibirá o seu galardón en Abanca Balaídos este domingo 12 de febreiro nos prolegómenos do partido ante o Atlético de Madrid e estará acompañado por un dos afeccionados celtistas que participaron na votación. O premio será entregado por Juan de Castro e Pedro de Castro, netos de Manuel de Castro, Handicap, precursor da fundación do club en 1923 cando Vigo Sporting e Fortuna fusionáronse para crear o RC Celta. Longa vida a Manuel de Castro!

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas