A xornada de hoxe permanecerá para sempre na memoria do celtismo, que pode presumir, con orgullo, de que a Selección Española de fútbol poboouse para os seus dous próximos partidos internacionais con canteiráns do RC Celta. Catro xogadores formados nas categorías inferiores do club forman parte da convocatoria para o dobre compromiso ante Croacia e Bosnia e dous deles integran na actualidade o primeiro equipo celeste.
Iago Aspas, Brais Méndez, Jonny e Rodrigo concentraranse o luns co combinado nacional que dirixe Luis Enrique. Nunca antes na historia do club, catro canteiráns do RC Celta coincidiran na Selección Española.
É un día para o orgullo e a alegría, para poñer en valor o traballo e a aposta do club e da Fundación Celta na formación de xogadores, en potenciar unha canteira. que se converteu en referencia para o fútbol internacional
Na convocatoria facilitada hoxe polo seleccionador non hai equipo que aporte máis canteiráns que o RC Celta, un feito histórico que enche de satisfacción ao club, a Fundación Celta e o celtismo.