Este domingo, antes do inicio do partido ante o Athletic Club en Abanca Balaídos ás 14:00h, gardarase un minuto de silencio en memoria de todos os celtistas falecidos durante o ano 2024. Un xesto cargado de emoción que busca render unha sentida homenaxe a todas as persoas que nos deixaron o ano pasado e que sempre permanecerán presentes no noso corazón.
Un pouco antes, ás 12:00h. realizarase un acto especial fronte ao mural celtista situado na Bancada de Marcador onde o conselleiro do RC Celta, José Manuel Amoedo, entregará un ramo de flores en memoria de todos os afeccionados que xa non están.
Unha tradición, cargada de significado, que se organiza no primeiro partido do ano en casa e que reforza os lazos entre o club, a afección e todos aqueles que formaron parte da historia do RC Celta.