Jorgen Strand Larsen foi galardoado co Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do mes de setembro, obtendo a maioría dos votos por parte da afección celeste e superando na fase final a Ivan Villar e Carl Starfelt.
O bo rendemento do ariete noruegués ao longo dos 259 minutos que disputou no mes de setembro, e os dous goles que anotou, un fronte á UD Almería e outro ante o FC Barcelona, valeron para que Jorgen S. Larsen álcese co primeiro Premio Estrella Galicia da tempada e o primeiro que lle conceden ao xogador desde que chegou a pasada campaña. “Estou moi orgulloso de recibir este premio, que é o primeiro” comentou o dianteiro, quen admitiu que “a primeira tempada foi difícil, pero quero e creo que este ano imos mellorar”.
Jorgen, xa adaptado á cidade, que considera a súa “casa”, e á nosa cultura, animouse a mandarlle unha mensaxe de ánimo a todos os celtistas; “Sei que o inicio non foi ben, pero imos gañar moitos máis partidos e a vivir bos momentos con este equipo e esta camiseta”. ‘Xurxo’, como xa lle coñecen moitos na cidade olívica, terminaba alentando aos seareiros en galego: “Moitas grazas e veña xente!”