O RC Celta regresa ao negro na tempada 2022/23. O segundo equipamento da próxima temporada, deseñada un ano máis por Adidas, combina a cor negra con detalles en dourado que otorgan á prenda unha especial elegancia.
A nova prenda céltica xa está dispoñible en modalidade de prevenda en shop.rccelta.es. Os afeccionados celestes poden reservar a elástica 79,95€ (71,96€ no caso dos abonados) e así asegurar ser os primeiros en vestila a partir do 27 de xuño, data prevista para a entrega das novas camisetas.
Ademais, tanto afeccionados como abonados que realicen a súa preserva, recibirán automáticamente un cupón de 10€ para canxear na súa próxima compra na tenda oficial.
Como antesala da presentación do segundo uniforme 22/23, o RC Celta encheu as súas redes sociais de negro. Desde o mércores 18, as publicacións nos perfís oficiais do club comezaron a aparecer acompañadas de fotografías e vídeos en negro que espertaron a curiosidade de celtistas e medios de comunicación.
O enigma resolveuse este venres cun vídeo no que Hugo Mallo, Iago Aspas, Brais Méndez e Franco Cervi son os protagonistas.