Fortuna
Celtismo

Non te perdas o duelo de filiais de LaLiga Hypermotion en Abanca Balaídos!

RC Celta

O Celta Fortuna continúa a súa travesía en LaLiga Hypermotion e necesita, por suposto, a calor de toda a afección. É por iso polo que non te podes perder o próximo partido que será un auténtico duelo de filial ante a Real Sociedade B o sábado, 10 de outubro ás 21.00 horas, en Abanca Balaídos.

Acceso ao partido: Suplemento ou troco de entrada nominativa numerada

Co obxectivo de garantir as esixencias da competición en cuanto a capacidade, para aqueles celtistas que non obtivesen o Suplemento da Celta Fortuna, será imprescindible dispoñer dunha entrada nominativa para acceder ao encontro.

Os carnés do Celta en calquera das súas modalidades (Abonado, As Celtas, Fundación ou Miudiño) non serán válidos por si sós para acceder ao estadio. Unicamente poderán acceder directamente co seu carné, aqueles afeccionados que dispoñan do Suplemento Celta Fortuna «Feito na Madroa».

Para este encontro estarán habilitadas as bancadas de Tribuna Alta, Riu Baixo e Marcador Baixo, cunha dispoñibilidade equivalente a un mínimo do 50% da capacidade para o troco de invitacións.

Prioridade para os carnés celtistas

Os titulares dun Carné Celtista da tempada 2026/27 poderán obter unha entrada gratuíta en liña, suxeita a dispoñibilidade, durante un período exclusivo de prioridade de 48 horas. En caso de non esgotarse durante este período, por razóns operativas e de control de capacidade, o troco poderá realizarse ata o sábado 10 de outubro ás 14.00 horas.

Para realizar o troco será necesario identificarse con:

  • ID de socio (impreso no carné).
    PIN correspondente (os catro últimos díxitos do DNI. No caso de menores de idade, poderá ser 1111).

Como trocar a túa entrada?

Accede ao portal de entradas

Realiza o proceso a través da ligazón habilitada ou desde o portal oficial de venda de entradas do club (non desde o Portal Celtista) durante as primeiras 48 horas de prioridade.

Selecciona a túa localidade

Escolle a bancada e o asento que prefiras entre as localidades dispoñibles.

Vincula os carnés

Fai clic na opción «Tes algunha promoción?» e introduce:

ID de socio
PIN

Unha vez validados os datos, poderás asociar os carnés ás localidades seleccionadas.

Poderanse xestionar ata seis entradas nunha mesma operación, introducindo un ID e PIN diferentes para cada asento.

Completa os datos dos asistentes

Todas as entradas son nominativas, polo que será obrigatorio completar os datos privados correspondentes a cada entrada antes de finalizar o proceso.

Recibe as túas entradas

As entradas serán enviadas ao correo electrónico indicado durante a reserva.

Accede ao estadio

O día do partido poderás acceder mostrando a entrada dixital recibida por correo electrónico (recomendámoste que a descargues con antelación ou lévela impresa). O club recomenda acudir con suficiente antelación para axilizar o acceso, sobre todo na zonas de Marcador Baixo e Rio Baixo onde se habilitan só entradas.

Os afeccionados deberán ocupar a localidade que seleccionasen durante o proceso de troco.

Ademais, as portas de Abanca Balaídos abrirán unha hora e quince minutos antes do inicio do encontro co obxectivo de facilitar unha entrada graduada e evitar aglomeracións.

O Celta solicita así mesmo un uso responsable das entradas gratuítas, lembrando que estas deben ser trocadas unicamente cando exista a intención real de asistir ao partido.

O club resérvase o dereito de denegar o acceso e adoptar as medidas oportunas para os seguintes trocos, naqueles casos nos que se detecte un uso inadecuado ou a non asistencia das localidades asignadas como invitación.

Venta de entradas dende 15 euros

Unha vez finalizado o período preferente para os Carnés Celtistas, desde o venres 2 de outubro ás 14:00h. calquera afeccionado poderá adquirir entradas para o encontro a partir de 15 euros, ata completar capacidade.

Non perdas a oportunidade e apoia ao Celta Fortuna nunha tempada para a historia!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas