Comeza o proceso de venda de entradas para o partido, correspondente á Xornada 31 de LALIGA EA SPORTS, que enfrontará ao RC Celta e ao RCD Espanyol. Non perdas a oportunidade e ven a animar ao primeiro equipo celeste o vindeiro sábado, 12 de abril, ás 18:30 horas en Abanca Balaídos.
A venda levará a cabo en dúas fases. Os posuidores de carné celtista en calquera das súas modalidades xa poden comprar as entradas de forma anticipada. Mentres, o público xeral poderá facelo a partir de mañá ás 16:00 horas AQUÍ. O prezo das mesmas será desde 20€ para celtistas e 25€ para os que non dispoñan de carné.
A tempada vai chegando ao seu fin así que a emoción está asegurada, non perdas a oportunidade de vir a Abanca Balaídos e gozar xuntos dunha nova xornada. Esperámosvos, afección!