A partir deste sábado, 2 de novembro, os afeccionados celestes que desexen apoiar a As Celtas en A Madroa poderán facelo dunha maneira máis cómoda. Vitrasa, en colaboración co RC Celta e o Concello de Vigo, poñerá en marcha un servizo especial para asistir aos partidos do conxunto celeste.
Aínda en fase de probas, este plan de mobilidade ten como obxectivo principal fomentar o uso do transporte público e mellorar a conectividade os días de partido con roteiros directos de ida e volta ás instalacións deportivas de A Madroa con horarios adaptados, proporcionando unha alternativa cómoda e eficiente para a afección celeste.
Estas lanzadeiras entrarán en funcionamento este sábado ante o encontro entre As Celtas e o Victoria FC que terá lugar ás 16:30h. O servizo arrincará ás 15:13h. desde a rúa Teixugueiras, 29 e percorrerá os seguintes puntos: Limpiño – VG20 – Porriño – Baiona – Avd. Castelao – Coruña – Torrecedeira – Gaiteiro Ricardo Portela – Beiramar – Cánovas del Castillo – Policarpo Sanz – Urzáiz – Travesía de Vigo – Jenaro de la Fuente – Avd. Aeroporto – San Cristovo – Subida a AMadroa – Camiño dá Devesa – campo fútbol RC Celta.
A volta será ao termo do encontro, ao redor das 18:30h, co seguinte percorrido: campo de fútbol RC Celta – Subida á Madroa – San Cristovo – Avd. Aeroporto – Jenaro de la Fuente – Travesía de Vigo – Urzáiz – Colón – Policarpo Sanz – Velázquez Moreno – Praza de Compostela – Cánovas del Castillo – Gaiteiro Ricardo Portela – Torrecedeira – Coruña – Avd. Castelao – Avd. Europa – VG20 – Limpiño – Teixugueiras.
Trátase dun roteiro posto en marcha “de maneira experimental”, co obxectivo de detectar a demanda real e facer as modificacións precisas para optimizar a operativa.
Un pasito máis para estar cada vez máis preto. Vémonos o sábado, afección!