ESCUDO-1300x400-01
Novas club

O adestrador do RC Celta, Carlos Carvalhal, recibe a Medalla de Ouro de Braga

RC Celta

O adestrador do RC Celta, Carlos Carvalhal, recibiu onte no Teatro Circo de Braga un emotivo recoñecemento, a Medalla de Ouro da Cidade. Con motivo das conmemoracións polo Día de San Geraldo, patrón de Braga, a Cámara Municipal entregou as medallas de mérito a varias personalidades e entidades que destacan polos seus méritos persoais ou cívicos, entre eles o técnico celeste.

Carvalhal destacou que “recibir este recoñecemento da miña cidade é un sentimento indescritible. Ao longo da miña viaxe e onde queira que vaia, esfórzome por elevar moi alto o nome da miña cidade, de Braga, da que estou tan orgulloso. Facelo agora co meu nome marcado na historia desta cidade significa moito para min. De todos os momentos especiais que vivín ao longo da miña vida, este será sen dúbida un dos máis memorables e permanecerá na miña memoria para sempre. Ante este recoñecemento, a única palabra que me gustaría dicir é: Grazas!”.

Carvalhal foi recoñecido por ser un dos adestradores máis admirados e respectados do fútbol moderno en Portugal. O técnico deixou unha pegada indeleble na cidade ao gañar a Taça de Portugal en 2021 e situar ao Sporting de Braga entre os catro primeiros da liga.

RC Celta

Etiquetas

Novas club

Noticias recomendadas