20240408_MVP_EstrellaGalicia_Marzo_HugoÁlvarez
Celtismo

O canteirán Hugo Álvarez, premio Estrella Galicia do mes de marzo

RC Celta

Hugo Álvarez gaña o primeiro Premio Estrella Galicia da súa carreira. O canteirán foi elixido polos afeccionados celestes como o mellor futbolista do conxunto vigués do mes de marzo. Sen dúbida, un mes moi especial para Hugo Álvarez, que debutaba como titular do primeiro equipo en LALIGA EA SPORTS o pasado 17 de marzo no partido ante o Sevilla FC no Sánchez Pizjuán.

Hugo Álvarez, que se impuxo na fase final da votación a Iago Aspas e Jorgen Strand Larsen, expresou a súa gratitude a Estrella Galicia e á afección celeste polo premio e subliñou que “todo canteirán soña con chegar a ter este recoñecemento“.

Tras engadir que este premio chegoulle “grazas á afección e aos compañeiros, sen eles isto sería inviable”, Hugo analizou o partido do próximo venres ante o Real Betis, “sabemos que será un rival complicado, pero loitaremos por levarnos os tres puntos“.

Tras a súa crecente participación co primeiro equipo, afirma estar encantado co trato xa que “somos unha familia mentres conclúe que “seguirei traballando ao máximo“.

Moitos parabéns, Hugo!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club Novas destacadas

Noticias recomendadas