Hemeroteca celtismo

O Celta 14/15 preséntase ante a afección na previa do Memorial Quinocho

RC Celta

quinocho-puerta0.jpg

Eduardo Berizzo convocou a 21 xogadores para o partido desta tarde ante o Cagliari Calcio

O Celta regresa a casa. Balaídos acolle esta tarde o XIX Trofeo Memorial Quinocho ante o Cagliari Calcio, o primeiro encontro que os celestes disputan no estadio vigués nesta pretemporada. Coincidindo co ‘debut’ ante a súa afección, o Celta 2014/2015 aproveitará a ocasión para realizar a presentación de todos os xogadores que o compoñen.

Ás 20:30h os futbolistas célticos comezarán a desfilar sobre o céspede de Balaídos dun nun, sendo o speaker do estadio o encargado de anuncialos ante os espectadores celtistas. Entre as novidades do plantel atópanse cinco novos fichaxes, sendo esta unha ocasión perfecta para que os afeccionados asistan en primeira persoa aos seus primeiros pasos como xogadores celestes.

O adestrador do primeiro equipo, Eduardo Berizzo, convocou para o partido ante o Cagliari (21h, Balaídos) a 21 xogadores, entre eles os canteiráns Jordan e Borja Fernández. Pablo Hernández e Borja Oubiña, que non poderá asistir á presentación, seguen recuperándose das súas lesións.

 

 SERGIO

1

HUGO MALLO

2

FONTÀS

3

RADOJA

6

SANTI MINA

7

ÁLEX LÓPEZ

8

CHARLES

9

NOLITO

10

LARRIVEY

11

RUBÉN

13

ORELLANA

14

DAVID COSTAS

15

MADINDA

17

PLANAS

18

JONNY

19

SERGI GÓMEZ

20

CABRAL

22

KROHN-DEHLI

23

AUGUSTO

24

BORJA FERNÁNDEZ

28

JORDAN

29

 
As entradas, con prezos entre os 10 e 15 euros en categoría sub-25 e entre 15 e 40 para adultos, continúan á venda nos despachos de billetes do estadio de 10.00 a 14:00 horas e desde as 17:00 ata o inicio do encontro. Os abonados poderán acceder co seu carné da tempada 2014/2015.
 

preciosquinocho2014.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas