Hemeroteca club

O Celta afronta con ilusión o 2016 tras bater un rexistro histórico

RC Celta

 Año_2016.jpg

p>

 

Tras 16 xornadas disputadas, o RC Celta atópase nunha posición meritoria na táboa clasificatoria tras superar a marca de puntos nestas datas de equipos como o da tempada 98/99 cando, tras disputarse o décimo sexto encontro oficial, os celestes colleitaran 28 puntos, mesmo rexistro que na tempada 49/50 e a 99/00. Ademais, o equipo está a tan só tres puntos de igualar a súa mellor puntuación nunha primeira volta a falta de tres partidos para que se cumpra o ecuador da competición.

 

Desde o inicio de tempada, o equipo dirixido por Eduardo Berizzo cultivou 9 vitorias ante equipos da talla do FC Barcelona, Sevilla ou Villareal e despregando un fútbol de calidade, sólido, atrevido e vistoso, que foi recoñecido tanto dentro como fóra de España. Os xogadores celestes atópanse satisfeitos polo esforzo realizado e concienciados de face aos seguintes partidos. Para o centrocampista danés Daniel Wass “Ser cuartos na liga é incrible, pero o Celta é merecedor desa posición”.

 

Pola súa banda, Eduardo Berizzo asegurou que “A cuarta posición debe ser motivo de satisfacción para equipo e afección”. O técnico logrou conformar un equipo capaz de reporse dos contratempos ao longo da tempada, como as lesións e os resultados adversos. O cadro de persoal demostrou unha enorme profesionalidade e os mozos xogadores, moitos deles procedentes da canteira celeste, deron un paso adiante mostrándose como alternativas de garantías para afrontar partidos importantes na máxima categoría.

 

Esta marca de puntos, unido á clasificación para oitavos de final da Copa do Rei, sitúa ao club celeste ante unha das tempadas máis ilusionantes dos últimos anos, pero tamén ante o reto de manter un nivel de xogo que sexa motivo de orgullo para os afeccionados celestes que viven con emoción a expectativa dun emocionante 2016.

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas