DSC05466
O Club

O Celta e o Concello de Vigo formalizan a concesión do estadio de Balaídos

RC Celta

O Celta e o Concello de Vigo formalizaron este domingo a concesión administrativa de ABANCA Balaídos nun acto celebrado no propio estadio, na previa do Celta-Málaga, partido correspondente á quinta xornada de LALIGA EA Sports.

A presidenta do Celta, Marián Mouriño, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, escenificaron a sinatura do acordo, que establece unha concesión de 50 anos, ampliable ata un máximo de 75.

Como recordo deste día, Marián Mouriño fixo entrega ao alcalde de Vigo dunha maqueta exclusiva do estadio, símbolo da estreita vinculación entre a instalación, o Celta e a cidade.

A formalización do acordo supón un fito histórico para ABANCA Balaídos, un recinto que forma parte inseparable da historia do Celta e da identidade de Vigo e que afronta agora unha nova etapa coa vocación de converterse nun espazo deportivo, social e de lecer.

 

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas