20240128_PartidoAdri_CELTAFORTUNAvsDEPORTIVO_aficion-10
Celtismo

O Celta Fortuna volve a Abanca Balaídos!

RC Celta

O vindeiro sábado 9 de marzo ás 19 disputarase no Abanca Balaídos, o Celta Fortuna – SD Ponferradina.

Acceso dos abonados, gratis co seu carné

Os abonados que queiran acudir a este partido, deberán facelo co seu carné á zona de Tribuna (zona sen numerar para este partido).

Entrada gratuíta para un neno/a para os abonados que queiran levar a un/a menor de ata 14 anos.

Os abonados que queiran adquirir unha entrada adicional para un neno/a de ata 14 anos, poderán adquirila a través da web do club. Para beneficiarse desta promoción, os abonados tan só terán que acceder á venda en liña de entradas,  ir ao partido do Celta Fortuna, seleccionar unha localidade e introducir a súa IDE e PIN na pestana “Aplica as túas promocións e descontos”. Esta entrada é exclusiva para un menor de 14 anos polo que se controlará a entrada no acceso ao estadio.

Entradas de público xeral para Celtistas e entrada para nenos/as

Os celtistas que queiran comprar entradas para este partido, poderán acceder á compra para partir do mércores 6 de marzo na nosa web ao prezo único de 15 € (entradas sen numerar na zona de Tribuna).

Na mesma compra, poderase seleccionar unha entrada adicional para un neno/a e aplicando a promoción correspondente, realizarase un desconto do 50% nas dúas entradas. Lembramos aos afeccionados da SD Ponferradina, que para conseguir entradas de visitante deberán de poñerse en contacto co seu club.

Vémonos, afección. Ala Celta!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas