Este emotivo encontro terá lugar o 4 de setembro ás 21.00 horas en San Lázaro
O Real Club Celta medirase o día 4 de setembro á Sociedad Deportiva Compostela nun partido certamente especial e moi emotivo, un encontro en memoria das vítimas do accidente de tren acaecido semanas atrás en Santiago e de homenaxe á cidadanía e os profesionais que auxiliaron aos accidentados. O partido terá lugar o día 4 de setembro ás 21.00 horas no Multiusos de San Lázaro, na capital galega.
O Real Club Celta reitera o seu pesar por este terrible accidente e o seu apoio e agarimo aos familiares e amigos das vítimas. O club quere ademais expresar de novo o seu sincero recoñecemento cara aos veciños de Angrois e os profesionais que auxiliaron aos accidentados.