Hemeroteca club

O Celta medirase ao Compostela en homenaxe a cidadáns e profesionais que auxiliaron aos accidentados en Angrois

RC Celta

Compostela-Celta_2013.jpg

Este emotivo encontro terá lugar o 4 de setembro ás 21.00 horas en San Lázaro

 

O Real Club Celta medirase o día 4 de setembro á Sociedad Deportiva Compostela nun partido certamente especial e moi emotivo, un encontro en memoria das vítimas do accidente de tren acaecido semanas atrás en Santiago e de homenaxe á cidadanía e os profesionais que auxiliaron aos accidentados. O partido terá lugar o día 4 de setembro ás 21.00 horas no Multiusos de San Lázaro, na capital galega.

 

O Real Club Celta reitera o seu pesar por este terrible accidente e o seu apoio e agarimo aos familiares e amigos das vítimas. O club quere ademais expresar de novo o seu sincero recoñecemento cara aos veciños de Angrois e os profesionais que auxiliaron aos accidentados.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas