Manuel Quintanar, director do Departamento de Integridade, visitou a entidade galega
A Liga de Fútbol Profesional, a través do seu Departamento de Integridade, visitou nesta ocasión a Cidade Deportiva do RC Celta onde as categorías inferiores do conxunto celeste recibiron formación para promover o xogo limpo no fútbol e as boas prácticas do deporte.
O director do Departamento de Integridade da LFP, Manuel Quintanar, foi o encargado de impartir este taller aos xogadores de entre 12 e 18 anos do club, co respecto á diversidade, a loita contra a violencia, o rexeitamento ao racismo e á homofobia, os riscos da dopaxe e o bo uso das redes sociais como algúns dos valores que desde A liga se transmitiu ás novas promesas do club.
O R.Sporting, o RC Recreativo, o Elche CF ou o Villarreal CF son algúns dos clubs da liga que xa se uniron a esta iniciativa, que se manterá até finais do mes de febreiro.
Texto: www.lfp.es