O RC Celta, da man de El Trigal, pon a disposición de todos os afeccionados celestes un menú especialmente deseñado para aquelas persoas que realizan deporte a diario e seguen hábitos saudables. Do mesmo xeito que os xogadores do primeiro equipo, que comen a diario nas instalacións deportivas da Madroa un menú deseñado polo nutricionista do club, agora calquera persoa pode alimentarse igual que futbolistas da talla de Iago Aspas, Rafinha ou Hugo Mallo.
Este novo ‘Menú RC Celta’ ofrece unha comida de gran calidade, certificada e validada polo nutricionista do primeiro equipo. Dispoñible para todas aquelas persoas que queiran comer de maneira saudable, está composto por dous pratos, auga e postre. Ademais, tamén existe a opción vegana para os consumidores que así o desexen. O prezo é de 11,90 euros.
Todos aqueles que estén interesados en adquirir o Menú RC Celta poden conseguilo desde este martes 21 de xaneiro tanto no Café A Sede (Príncipe 44 – Acceso por Velázquez Moreno) como no local de El Trigal ubicado xunto ao estadio ABANCA Balaídos. O prezo é de 11’90 euros e as persoas que recollan cinco menús en A Sede terán o sexto de balde.