20210403_Aficion-49
Celtismo

O final dunha longa espera: haberá abonados en Abanca Balaídos para despedir unha gran tempada

RC Celta

20210403_Aficion-49

Tras unha longa espera, a afección regresa aos campos de Primeira División. O partido do RC Celta fronte ao Betis en Abanca Balaídos (domingo 23, 18.00 horas) terá, por fin, abonados celestes no estadio, que poderán despedir ao equipo tras unha campaña memorable. Aqueles que desexen asistir a este último encontro da tempada poderán anotarse desde este momento e ata o martes ás 23.59 horas no seguinte enlace: AQUÍ

O 50 por cento das entradas para este encontro outorgaranse por orde de antigüidade dos carnets e a outra metade con preferencia aos que na pasada campaña optaron polo monedero digital, realizaron unha donación á Fundación ou renunciaron á devolución. Si tras leste reparto quedan entradas dispoñibles sortearanse entre o resto de abonados que haxan cursado a solicitude.

Unha vez realizado o reparto, o venres día 21 os abonados con entrada recibirán un correo electrónico cun código para acceder á web tickets.rccelta.es, onde poderán retirar online a entrada definitiva para o partido. Tanto o código de acceso á web de tickets como a entrada son persoais e intransferibles.

Se habilitarán un máximo de cinco mil butacas, aínda que esta cifra pódese ver educida por mor das obras que se están realizando nas gradas de Marcador, Fondo e Río Baixo. O RC Celta xa lle solicitou ao Concello a utilización desas tres gradas par este encontro co fin de dar cabida ao maior número de abonados posible.

 

 

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas