ESCUDO-1300x400-02
O Club

O RC Celta abre unha fiestra ao mundo na Feria Internacional de Turismo

RC Celta

O RC Celta foi un dos protagonistas da segunda xornada da Feria Internacional de Turismo, Fitur, que se desenvolve estes días no Ifema Madrid. O club celeste, co presidente Carlos Mouriño á cabeza, presentou no estand da Xunta de Galicia en Fitur o enorme potencial do club como un dos principais activos de Galicia.

Baixo o título ‘RC Celta: unha fiestra ao mundo’, Carlos Mouriño, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e os directores Comercial e de Comunicación do club, Carlos Salvador e Marco Rocha, expuxeron a enorme capacidade do club como amplificador dos valores e o potencial de Galicia.

O presidente celeste destacou que a presenza do RC Celta en Fitur é francamente e beneficioso para a entidade e que o club é unha fiestra de Galicia cara ao mundo, Anunciou que próximamente no RC Celta poñeranse en marcha grandes e novedosos proxectos feitos en Galicia para Galicia, que terán unha formidable repercusión e un enorme valor en todos os ámbitos. “”Hai gran proxecto que temos que vai abarcar moitísimas áreas, moita diversificación do que é o Celta en si incluíndo unha parte turística importante”, comentou Carlos Mouriño.

Pola súa banda, Alonso Roda indicou que é un orgullo ter en Galicia un club como o RC Celta e expresou a súa disposición a colaborar co club. Subliñou o gran valor que ofrece esa imaxe dun xogador da dimensión de Iago Aspas pousando coa equipación celeste nunha batea, signo de identidade.

Ademais, apuntou que xogadores que forman parte do equipo procedentes doutros países son os mellores embaixadores da hospitalidad dos galegos e galegas e da promoción dos nosos recursos nos seus lugares de orixe.

A presenza do RC Celta en Fitur ten un extraordinario valor para a entidade, xa que a feira é unha ineludible cita anual para os profesionais do turismo mundial, líder ademais para os mercados receptivos e emisores de Iberoamérica. É un foro único para promocionar as marcas, presentar novos produtos, coñecer as últimas tendencias e encher as axendas de contactos e perspectivas nun espazo de 69.000 metros cadrados, con 7000 expositores de máis dun centenar de países do mundo. Nesta contorna, o RC Celta abriu esa ‘fiestra ao mundo’ cunha presentación que tivo unha gran acolleita no estand da Xunta, situado no pabellón 9 do Ifema.

Precisamente, o espazo reservado para Galicia foi un dos que visitaron na xornada inaugural os Reis de España, acompañados pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, e Luís Abinader, presidente da República Dominicana, país invitado desta edición.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas