DrQcGybX0AUipAC.jpg
Celtismo

O RC Celta celebra a súa xunta de accionistas este martes en A Sede

RC Celta

O RC Celta celebrará este martes ás 19:00 na Sede, en segunda convocatoria, a súa Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas. A orde do día será o seguinte, coa votación da incorporación de dous novos conselleiros, María José Táboas e Fernando Rodilla, como un dos puntos destacados.

Primeiro.- Exame e aprobación, no seu caso, das contas anuais e do informe de xestión, así como da proposta de aplicación do resultado, e censura da xestión do consello de administración, todo iso referido ao exercicio pechado a 30 de xuño de 2018.

Segundo.- Exame e aprobación, no seu caso, do orzamento para o exercicio 2018-2019.

Terceiro.- Determinación do número de compoñentes do consello de administración. Nomeamento e reelección de conselleiros.

Cuarto.- Situación deportiva.

Quinto.- Rogos e preguntas.

Sexto.- Redacción, lectura e aprobación, no seu caso, da acta da Xunta ou nomeamento de interventores para a aprobación da mesma.

 

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas