Sin título-2ia
Celtismo

O RC Celta converte o seu adestramento nunha festa con toda a afección

RC Celta

Este Xoves Santo non foi un día calquera en Abanca Balaídos. Máis de 3.000 celtistas acompañaron e arroparon ao primeiro equipo do RC Celta nunha das sesións preparatorias previas ao partido deste sábado ante o FC Barcelona.

Desde primeira hora da mañá ducias de persoas esperaban a apertura de portas nos arredores do estadio para poder vivir unha xornada que nos deixou imaxes e momentos para o recordo. Ver nas bancadas a familias chegadas desde diferentes puntos de Galicia, nenos e nenas coas súas cariñas de ilusión ou camisetas e bufandas celestes por todas partes foi un agasallo para todos e un gran xute de enerxía para o conxunto de Claudio Giráldez nesta recta final de temporada.

Un día diferente no que volvemos sentir moi de preto o apoio dunha afección que nunca falla. Desde o RC Celta queremos darvos as grazas unha vez máis. Grazas por estar aí, por sumar, por contaxiar a vosa enerxía positiva e por levar este sentimento celeste por bandeira. Xuntos somos máis fortes.

Sempre Celta!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas