16x9
O Club

O RC Celta dá un paso máis cara ao seu récord histórico en Primeira División

RC Celta

O RC Celta continuará unha tempada máis na máxima categoría do fútbol español. A vitoria ante o Granada CF grazas aos goles de Jorgen Strand Larsen e Jonathan Bamba certifican a permanencia matemática para o conxunto celeste.

Será a décimo terceira tempada consecutiva para o RC Celta en LALIGA EA SPORTS, a 59º da súa historia. Unhas cifras que o posicionan como o equipo galego con máis participacións na máxima competición nacional e entre os oito equipos de España dende o curso 2012/2013. Unha permanencia que permite ao RC Celta avanzar cara a consecución da súa mellor serie histórica en Primeira División fixada en 14 anos seguidos, desde 1945 a 1959, e sela unha tempada moi especial para o club, a tempada do seu Centenario.

Unha permanencia que estivo marcada polo incansable apoio de todo o celtismo durante toda a tempada. Como parte fundamental para o equipo, sen a vosa paixón e respaldo inquebrantables, estes logros non serían posibles.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas