O estadio Abanca Balaídos viviu unha xornada cargada de emoción coa visita dun grupo de persoas maiores, internos da residencia Ballesol, afectadas polo Alzheimer.
Unha visita que comezou cun percorrido polo corazón do estadio, os vestiarios, onde todos os asistentes recibiron o cálido saúdo da presidenta do RC Celta, Marián Mouriño. Un momento moi especial no que as súas miradas cheas de nostalxia entrelazáronse cunha contorna chea de historia. Acto seguido, o grupo tivo a oportunidade de pisar o céspede de Abanca Balaídos onde entoaron o antigo himno do Celta, revivindo un momento único. Finalmente, no palco presidencial, a director da área Celtista, David González, entregou unha camiseta conmemorativa a Severino, socio número 4 do club, en agradecemento a todos os seus anos de entrega, de afouteza e de celtismo.
Unha iniciativa enmarcada nunha serie de talleres e actividades organizadas pola Asociación de Antigos Xogadores do RC Celta, quen traballa activamente para conectar ás persoas maiores cos valores e recordos que o fútbol pode espertar neles, utilizando o deporte como unha vía para evocar momentos tan significativos.
Desta maneira, o RC Celta reafirma o seu compromiso con todas as persoas que dedicaron unha vida ao celtismo, coidándoos e demostrando que isto é máis que fútbol. Somos unha familia.