O RC Celta e Betway selaron un importante acordo de colaboración que converte á firma en patrocinador oficial como ‘casa de apostas oficial’ do club. O acordo terá unha duración de dous anos, con posibilidade de ampliación a un terceiro, e inclúe publicidade en soportes estáticos e dinámicos do estadio e contidos promocionais asociados aos partidos e á actualidade do primeiro equipo e que permitirán achegar aos xogadores celestes aos afeccionados.
O vicepresidente do club, Ricardo Barros destacou que “no RC Celta estamos moi satisfeitos con este acordo, xa que é moi importante para o deporte que unha marca de prestixio internacional ofreza o seu apoio nuns momentos especialmente complicados”.
“Non resulta sinxelo obter este tipo de apoios nas actuais circunstancias, con tanta incerteza social e económica, e por iso no club valoramos de maneira moi positiva este acordo, que nos permite seguir crecendo como entidade e marca, e seguir avanzando na nosa expansión internacional”, engadiu.
O RC Celta leva 9 tempadas consecutivas en LaLiga Santander, en 1ª División, e sempre no Top-10 en termos de audiencias e seguidores. Betway leva patrocinando equipos en LaLiga Santander desde 2018, ademais de ter presenza noutros campionatos, como a Premier League, onde colabora co West Ham United desde 2015.
SOBRE BETWAY GROUP
O grupo Betway é un innovador provedor de entretemento a nivel de casinos, bingo lotarías, apostas deportivas e esports. Fundada en 2006, a compañía líder no seu sector opera en varios mercados regulados e ten licenza en Reino Unido, Malta, Italia, Dinamarca, España, Bélxica, Alemaña e Irlanda. Ten a súa base en Malta e Guernesey, e dá emprego a ao redor de 1.500 persoas.