RCCeltaJP 16x9
O Club

O RC Celta lanza os seus perfís oficiais en xaponés como parte da súa expansión internacional

RC Celta

O RC Celta continúa coa súa estratexia de expansión internacional lanzando os seus perfís oficiais en xaponés nas plataformas X (antes Twitter), unha das redes sociais máis utilizadas en Xapón, e Sports Navi, a plataforma de deportes máis relevante do país asiático.

Un paso cara a adiante máis que reforza a presenza da entidade celeste en Xapón e que forma parte da súa estratexia de crecemento global, na que tamén se inclúen os diferentes proxectos de comunicación en China, MENA (Medio Oriente e Norte de África) e América do Norte (Canadá, Estados Unidos e México). Unha aposta por continuar crecendo nun país co que o RC Celta colabora desde hai anos, mediante Celta Academy e Wakatake Group, apoiando o desenvolvemento deportivo dos mozos e estreitando os lazos culturais entre ambos os países.

A través dos perfís oficiais do RC Celta en xaponés, os seguidores nipóns poderán acceder a contido exclusivo no seu idioma que non soamente inclúe noticias do primeiro equipo, senón que tamén haberá unha ampla variedade de contido acerca de todas as categorías da canteira, o proxecto recentemente creado de As Celtas ou un seguimento pormenorizado de todos os proxectos internacionais que na actualidade ten en marcha o club.

Unha experiencia máis próxima e personalizada coa que o RC Celta continúa crecendo e achegando as súas raíces, valores e filosofía a calquera recuncho do mundo.

RC Celta

Etiquetas

Internacional Novas club O Club

Noticias recomendadas