Xornada emotiva no RC Celta. O club recibiu en A Sede a Lucía Chazo, celtista confesa e estudante coa nota máis alta de toda Galicia en selectividade. Esta estudante de Vilagarcía de Arousa, cuxo desexo é estudar xornalismo e traballar no club, visitou xunto á súa nai as instalacións do emblemático edificio, onde puido coñecer ao presidente Carlos Mouriño.
Durante a súa estancia en A Sede, Lucía contou a súa paixón polo equipo e recibiu varias sorpresas, entre as que destacan unha bufanda e unha camiseta serigrafiada co seu nome e a súa espectacular nota media en selectividade.