Novas club

“Ola. Son capitán do Ashby. Queren xogar un partido?”

RC Celta

 

 

Hai uns días a conta oficial do RC Celta en Twitter recibiu unha curiosa petición:

 

mensaje_jordan_mccourt.jpg

 

O Ashby Ivanhoe FC é o club local de Ashby-de-a-Zouch, a pequena cidade do interior de Inglaterra na que o Celta se concentra desde a semana pasada. O seu capitán Jordan McCourt, ex xogador do Tenerife, non dubidou en utilizar a rede social de microblogging para contactar ao club celeste e tentar cumprir o seu soño e o do seu equipo de adestrar cunha “primeira división”. A mensaxe non pasou desapercibido para afeccionados e medios de comunicación, que enseguida o compartiron animando ao Celta a aceptar a proposta.

 

Non foi posible atender a petición de McCourt, xa que o corpo técnico céltico conta cun plan de traballo minuciosamente deseñado sobre o que non conviña facer modificacións. Con todo, o RC Celta enviou aos responsables do Ashby Ivanhoe unha invitación para asistir a un dos adestramentos do equipo galego e coñecer á directiva celeste en persoa. Os ingleses aceptaron a proposta e este xoves unha comitiva do club británico, entre os que se atopaban o seu director xeral e o adestrador entre outros, acudiu ao hotel de concentración do Celta.

 

Tras ser recibidos polo presidente Carlos Mouriño, realizar un intercambio de camisetas e presenciar a sesión de adestramento dirixida por Juan Carlos Unzué, os responsables do Ashby Ivanhoe tiveron a oportunidade de coñecer ao corpo técnico e ao persoal celeste. Grazas ao simpático xesto de Jordan McCourt, o RC Celta conta cun novo club amigo en terras inglesas.

RC Celta

Etiquetas

Novas club Novas club Novas club

Noticias recomendadas